XIII SETEC – Control de Calidade nas industrias de F.M.

CONTROL DE CALIDADE NAS INDUSTRIAS DE F.M. Salvador Moreira. (12-01-2020)
Os alumnos de PPFM, MEC e SOCA asistiron á formación que o AA.AA. Salvador Moreira, da empresa IBERCISA impartiu dentro das actividades programadas para esta XIII SETEC.
IBERCISA é unha empresa que se dedica á fabricación de maquinaria de cuberta naval para todo tipo de embarcacións. Salvador está vinculado a esta empresa desde que finalizou os seus estudos de Grao Superior no ano 2003. Desde entón estivo sempre desempeñando labores de control de calidade, co que adquiriu unha gran experiencia, que hoxe compartiu con todos nós. Dun modo ameno e claro foi justificando a necesidade de ter un control de calidade na empresa e insistindo na idea de que todos somos responsables de calidade e na importancia de facer as cousas ben, sen ter medo a equivocarse, pero coa responsabilidade de asumir os erros.
Como comentaba un alumno de PPFM ?foi estupendo poder contar cunha charla tan interesante e formativa?
Grazas a IBERCISA e a Salvador pola vosa colaboración un ano máis nosa SEMANA TÉCNICA e esperamos seguir contando convosco en próximas edicións.

nuria

Author: nuria

Compartir