AGRADECEMENTO ÁS EMPRESAS COLABORADORAS CO COLEGIO HOGAR
O Colegio Hogar Afundación quere mostrar o seu máis sincero agradecemento e recoñecemento pola atención e o compromiso recibido a todas as institucións, empresas, colectivos, asociacións, voluntarios e persoas que a título individual ou de forma anónima, contribúen a algunha das actividades desenvolvidas polo centro, tales como recibindo na súa empresa a alumnos en prácticas de FCT, participando na Semana Técnica (SETEC), nas Xornadas da Cociña Gráfica, na Semana de Prevención, realizando doazóns de material educativo e un sen fin de colaboracións coas que nos sentimos altamente agradecidos.
Estaremos encantados de continuar con esta colaboración no novo marco que a normativa educativa estanos xa situando mediante a nova Lei de FP.
A continuación, con esta relación que se acompaña, pretendemos que quede constancia do apoio recibido. Somos conscientes de que é unha lista incompleta, de modo que é unha lista ‘viva’ que seguirá crecendo con sucesivas actualizacións para que ningunha das colaboracións quede no esquecemento.