Oferta educativa ciclos formativos

O

Colegio Hogar Afundación é un Centro de Formación Profesional e toda a súa actividade desenvólvese neste campo, despois de adquirir unha gran capacidade de adaptación aos diversos plans, que a Formación Profesional experimentou. A formación profesional do sistema educativo abrangue o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo.  Estas accións formativas organízanse en ciclos formativos de grao medio e grao superior.  Os ciclos de grao medio forman parte da ensinanza secundaria postobrigatoria, e os de grao superior da educación superior, igual que as titulacións universitarias.

O

s ciclos formativos estructúranse en módulos de formación teórico-práctica, adecuada aos diversos campos profesionais, cunha duración variable especificada en horas. Tdodos os ciclos formativos teñen unha duración de 2.000 horas, en dous cursos académicos. Os ciclos impartidos no Colegio Hogar forman parte do réxime ordinario, na modalidade presencial, e polo tanto, implica a asistencia diaria ao centro.

Requisitos de acceso a un ciclo de grao medio

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Posuír o título de graduado en educación secundaria ou dun nivel académico superior.
  • Ter superados os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial (PCPI).
  • Ter superado o curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio (pendente de regulación).
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso aos ciclos formativos de grao medio, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe «Coñece a FP»

Requisitos de acceso aun ciclo de grao superior

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Dispor do título de bacharel.
  • Posuír un título de técnico de grao medio e ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao superior (pendente de regulación).
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso aos ciclos formativos de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe «Coñece a FP».

Oferta educativa concertada do Colegio Hogar

 Ciclos formativos de grao medio

Artes gráficasPreimpresión dixital: As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes, compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.

Artes gráficasImpresión gráfica: As persoas que obteñan o título de técnico en Impresión Gráfica han exercer a súa actividade en empresas de artes gráficas en xeral que teñan sección de impresión offset, flexografía, serigrafía ou dixital, así como en empresas dedicadas á impresión de libro, á edición de publicacións periódicas, á fabricación de envases e embalaxes de papel, plásticos, complexos e cartón ondulado, ás transformacións do papel e cartón, á impresión de publicidade e á estampaxe téxtil, cerámica e noutros produtos.

Electricidade-Electronica_var

Instalacións de telecomunicacións: Este profesional exerce a súa actividade en microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

InstalElectricidade-Electronica_varacións eléctricas e automáticas: Esta figura profesional exerce a súa actividade en pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Fabricación mecánicaMecanizado: Estas persoas exercen a súa actividade nas industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Fabricación mecánicaSoldadura e caldeiraría: Esta figura profesional exerce a súa actividade nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

 

 

 

 Ciclos formativos de grao superior

Electricidade-Electronica_varAutomatización e robótica industrial: As persoas que obteñan o título de técnico superior en automatización e robótica industrial han exercer a súa actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

 

Electricidade-Electronica_varMantemento electrónico: As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas do sector de servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados, redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou por conta allea.

 

Fabricación mecánicaProgramación da producción en fabricación mecánica: Esta figura profesional exerce a súa actividade en industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.