LAB Remoto 5G para Robótica Colaborativa
Este proxecto pretende traballar a Robótica Colaborativa, IoT, comunicación 5G, Ciberseguridade e Cloud computing dentro da industria 4.0 para desenvolver as competencias profesionais de profesorado e alumnado dos centros participantes, xerar guías e contidos didácticos e compartilos con outros centros da Formación Profesional. Crearase unha estación de traballo robótica cunha rede de comunicación avanzada, Internet of Things, Ciberseguridade e rede 5G que encamiñará a información de sensores e do sistema á Nube para ser procesada. O traballo será desenvolvido por alumnado coa supervisión do seu profesorado que exporán o traballo por proxectos intermodulares colaborando entre os diferentes departamentos implicados, poñendo de relevo as competencias transversais.
Baseándose nesta estación de traballo robótica, implementarase un laboratorio remoto sacando proveito da rede 5G desenvolvida, para que o alumnado poida acceder remotamente desde as súas casas e realizar prácticas coa estación de traballo robótica. Así tamén poderá compartirse con estudantes doutros centros ou localidades que non teñan acceso a esta tecnoloxía.
Para promocionar o equilibrio de xénero nas titulacións de Formación Profesional STEAM, desenvolverase un complemento software para que alumnas en idades temperás poidan programar o robot colaborativo a través dunha linguaxe de programación por bloques para que este contacto divertido cun robot real esperamos que as estimulará a elixir a robótica como futuro estudo. Tamén se organizará un concurso para alumnas de secundaria para promocionar STEAM.
Centros e empresa participantes:
- CIFP Nicolás Larburu LHII (Barakaldo, Vizcaya)
- Institut de Badia del Vallès (Badia del Vallès, Cataluña)
- Laudioalde Lanbide Eskola (Laudio, Álava)
- Colegio Hogar Afundación (Vigo, Galicia)
- Kolbi Electrónica (empresa, Vizcaya)
VISÍTANNOS OS PEQUES DE MATAMÁ
O pasado xoves 4 de maio, visitounos o cole de infantil e primaria...
VISITA DO COLEXIO SAN FERNANDO
O pasado martes 14, alumnado de 4º da ESO do Colexio San Fernando...
AVANZANDO NO PROXECTO DE ROBÓTICA COLABORATIVA
Continuamos avanzando na execución do proxecto de innovación...
PROXECTO DE ROBÓTICA EN MARCHA
Os robots do proxecto do MEC «Laboratorio remoto con robots...