Visitas técnicas a UTINGAL e MEPRONOR. 1º PPFM

Hoxe, os alumnos de 1º PPFM visitaron as empresas MEPRONOR e UTINGAL, situadas no parque empresarial de Areas, no concello de Tui.

Empezamos a visita en MEPRONOR. Puidemos ver as instalacións da fábrica, pasando por diferentes postos de fabricación e control. Con esta visita puidemos coñecer de primeira man a fabricación de moldes, troqueis, utillaxes, etc., e tomamos contacto con diferentes procesos de fabricación, como a erosión (por fío e penetración), e o mecanizado por arranque de labra en varios Centros de Mecanizado e tornos CNC.

Rematada a visita en MEPRONOR nos diriximos a UTINGAL, situada moi cerca, dentro do mesmo polígono. Esta empresa está dedicada á aeronáutica e á automoción. Puidemos ver diferentes postos de traballo, empezando pola zona de útiles para fijación das pezas de fibra de carbono para o seu posterior mecanizado. Aquí puidemos comprobar como traballan a pleno rendemento unha impresionante fresadora de 5 eixes así como rectificadoras, erosionadoras, etc. Moi interesante resultou a visita a sección de control de calidade e verificación, onde puidemos ver a máquina tridimensional para a verificación e control das pezas.

Sen dúbida dúas visitas que veñen a reforzar todos os coñecementos que imos adquirindo ao longo do curso.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir