V SEMANA DE PREVENCIÓN

Esta semana no Colexio Hogar Afundación estamos na V SEMANA DE PREVENCIÓN co fin de potenciar a Cultura Preventiva nas carreiras profesionais dos nosos alumnos que serán os técnicos do mañá.

Desde o colexio somos conscientes da gran importancia que hoxe en día a prevención ten no mundo laboral, pois actualmente non só se aprecia a técnica, coñecementos e actitudes de cada unha dos nosos profesionais senón a garantía do benestar laboral dos futuros traballadores, por iso a importancia da información e formación desta materia.

Queremos que profesionais en Prevención das empresas que colaboran connosco das diferentes familias profesionais do colexio expliquen dunha maneira sinxela e clara os principais riscos que se atopan no día a día cando están a desempeñar o seu labor.

Cronograma:

DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE ELECTRÓNICA
Empresa: DINAK
Relatores: D. Javier Lago, responsable de Produción e Pablo Búa, responsable de PRL
Día: MÉRCORES 27 de setembro.
Hora: 13:00h – 14:00h
Lugar: Teatro.

DEPARTAMENTO FABRICACIÓN MECÁNICA
Empresa: NODOSA
Relator: D. Javier López Picos, responsable de PRL.
Día: XOVES 28 de setembro.
Hora: 8:30h – 9:50h
Lugar: Audiovisuais

DEPARTAMENTO ARTES GRÁFICAS
Empresa: SMURFIT KAPPA.
Relator: D.ª Penélope Aranda Ortega, responsable de PRL.
Día: VENRES 29 de setembro.
Hora: 9:00h – 10:30h
Lugar: Audiovisuais.

Queremos desde o colexio agradecer a colaboración destas empresas que dunha maneira desinteresada han apoiado esta iniciativa así como aos profesores colaboradores dos distintos departamentos.

A seguridade o primeiro!

 

administrador

Author: administrador

Compartir