THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (segunda parte)

Continuamos coas aventuras do The Power of the Triangle.

O xoves 5 de outubro, pola tarde fomos a dar un paseo en barco pola ría co que nos obsequiaron desde o Concello de Vigo. Foi unha experiencia moi interesante xa que puidemos ver os fondos mariños e explicáronnos moitas curiosidades da ría de Vigo.

O venres 6 fomos ás Illas Cíes. Comezamos co paseo en barco, fixemos un roteiro ata os faros e pola tarde despois de comer bañámonos na praia de Rodeira. Gozamos dun estival día de outubro!

O sábado 7 esperábanos unha xornada de viaxe, en primeiro lugar visitamos Santiago onde Mare fíxonos de guía. Comemos en Santiago e continuamos a viaxe ata Fisterra, xa que o noso obxectivo era ver o sol poñerse no «final da terra». Un gran solpor e un día para lembrar.

 

Podes ver algunhas das fotos. Continuaremos informando!

 

administrador

Author: administrador

Compartir