XV SETEC – “Risografía, o erro é ben – Universidade de Vigo”

Este ano contamos coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra para una charla que enarbora o erro como reclamo gráfico.

Os becarios e artistas do taller de risografía da Facultade de BBAA, Andrea Núñez e Abraham Alonso, amosaron ó noso alumnado os pros e contras da impresión risográfica nunha exposición que facilitou o debate entre a búsqueda do erro e do azar nun plantexamento artístico e a certeza e a técnica no sector das Artes Gráficas.

A industria tecnolóxica e as Belas Artes conflúen na Risografía para que a copia sexa copia e peza única ao mesmo tempo. Como é isto posible? RISOGRAFÍA

As relatoras explicaron tanto a parte técnica da impresión risográfica coma os proxectos que levan a cabo como becarias e as posibilidades que ven nesta tecnoloxía. Achegaron tamén catálogos de arte impresos na Facultade e falaron sobre materiais, tintas ecolóxicas e, como non, do tema económico.

O resultado foi unha charla moi amena onde a arte levantou a man para dicir «aquí estou».

 

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On