XV SETEC – «Ilusionados polo futuro, apaixonados pola vida»

Co lema «Ilusionados polo futuro, apaixonados pola vida», comenzamos hoxe a XV SETEC na que contamos ca participación de profesionais de 30 empresas de toda España, co obxectivo de poñer aos alumnos/as en contacto coa realidade laboral.

O programa desenvolverase nesta edición en combinación de encontros presenciais e online.

Reparación de dispositivos electrónicos, futuro das renovables e peaxes no sistema enerxético español, sistema de seguridade aplicados á videovixilancia, robots colaborativos, ICT e fibra óptica, homologacións de soldaduras, imaxe corporativa e oportunidades de negocio no sector gráfico son algúns dos contidos que se desenvolverán nos relatorios e demostracións programadas para as catro xornadas da SETEC.

O programa inclúe, ademais, actividades de temática xeral que se centrarán no acceso ao mercado laboral, o autoemprego e a motivación emprendedora. Así mesmo, durante a Semana Técnica, cada departamento do centro organizará unha serie de relatorios, exposicións e demostracións levadas a cabo por recoñecidas empresas e profesionais do ámbito industrial.

Aquí podedes consultar o tríptico desta edición: triptico_2022 DEFINITIVO

 

 

nuria

Author: nuria

Compartir