XV SETEC – “Climbing Escalando – Marta Domínguez Díez”

Este luns os alumnos e alumnas de artes gráficas puideron asistir á última charla da súa Semana Técnica. De maneira presencial os grupos de segundo, e vía online os de primeiro, todos aprenderon da experiencia en primeira persoa de Marta Domínguez Díez.

Co título “Climbing – Escalando” Marta deu o toque internacional a esta edición facendo un percorrido desde que no 2012 terminou os seus estudos de Preimpresión no Colegio Hogar até o seu actual posto como ID Media Creator en Amazon-Barcelona. Os alumnos tiveron a oportunidade de escoitar a unha persoa que lles explicou como se enfrontou ao momento de “vale, acabei o ciclo, agora que fago” e que tivo a valentía suficiente para ir ao estranxeiro e comezar un periplo que a día de hoxe levoulle ao traballo no que quere estar. Pero todo isto explicado con total sinceridade, cos seus momentos felices e os seus momentos duros. Relatounos o esforzo persoal de preparar e presentar os proxectos e documentación para conseguir bolsas que lle permitisen estar en lugares como Nottingham ou en Chipre e tamén que che pode ocorrir se perdes o pasaporte nun aeroporto.

Toda esta información tan valiosa, tanto a nivel profesional (como preparar un proxecto, como buscar traballo no estranxeiro, que reflectir nun curriculum…), a nivel pedagóxico (que é a curva de aprendizaxe e por que pensamos ás veces que non estamos a aprender o suficiente, como as ganas poden facer que che convertas en case un experto en só un fin de semana…), como a nivel persoal (como vencer os medos, como asumir que ás veces hai que parar, como afundirse e levantarse…) unido á circunstancia de que fai moi pouco era aínda unha alumna do colexio, fixo desta, sen dúbida, unha das charlas máis motivadoras e emotivas desta edición da SETEC.

Marta, GRAZAS GRAZAS GRAZAS

nuria

Author: nuria

Share This Post On