XORNADAS DE MOVILIDADE ERASMUS+ DE FP

Os días 18 y 19 de setembro tiveron lugar na Universidade Laboral de Gijón as «Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional». Como titulares dun proxecto Erasmus+ KA-122-VET seleccionado na convocatoria deste ano, o Colegio Hogar Afundación, foi invitado a participar. Asistiu as Xornadas a coordinadora Erasmus do Colexio.

A actividade foi un éxito de participación: había máis de 400 participantes de Centros de toda España. O contido das xornadas foi moi proveitoso, sobre todo para centros como o noso, que estamos a por en marcha o noso primeiro proxecto Erasmus+. Recibimos unha formación moi útil para a xestión dos proxectos e establecimos contacto con moitos outros coodinadores de proxectos cos que compartimos dúbidas e inquedanzas.

Esta actividade supón un impulso para iniciar o proxecto con máis ilusión e confianza. Aproveitamos para lembrar que, este curso, os alumnos que cursan 2º de grao medio poderán solicitar una das 6 becas Erasmus+ que temos dispoñibles para facer as prácticas nun país da Unión Europea. O proceso de selección iniciarase o vindeiro mes, e iremos informando puntualmente dos prazos e os criterios para ser seleccionados.

 

administrador

Author: administrador

Compartir