VOLUNTARIOS EN CORUXO

Afundación, como entidade de acción voluntaria rexistrada, programa actividades de voluntariado para os profesionais de Afundación e de ABANCA que desexan compartir o seu tempo libre contribuíndo a unha causa maior. e apoiando os obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento Sustentable impulsada pola ONU. Neste sentido, ponse en marcha iniciativas encamiñadas a promover a sustentabilidade como motor do cambio cara a un mundo máis responsable.

A última das súas propostas foi este pasado sábado. O grupo de voluntarios entre os que se atopaban unha estupenda representación de profesores (Hugo, Lomba, Ángel) e alumn@s (Silvia, Anabel, Izan, Irene e Adair de Predix, e Ibán e Carlos de Auroin), entre as 10:00 e as 14:00 h, e a pesar dos chuvascos, estiveron a repoboar con árbores autóctonas a zona de Coruxo.

Podedes ver a excelente reportaxe fotográfica a continuación.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On