Esta mañá, un grupo de alumnado voluntario do noso centro acercouse á praia de Cesantes en Redondela para facer tarefas de limpeza e combater as plantas invasoras que ameazan a nos flora autóctona.
Equipados con luvas e sacos de lixo, o equipo comezou a súa tarefa. Recolleuse meticulosamente os residuos, desde pequenos fragmentos de plástico ata obxectos mais grandes arrastrados polo mar.
Por outra banda, se abordou o problema das plantas invasoras que ameazan a biodiversidade costeira. O grupo identificou e eliminou especies non nativas que competían coa nosa flora local, restaurando así o equilibrio ecolóxico da zona.
Ao final do día, o resultado era evidente. A praia estaba mais limpa, o esforzo colectivo deixara unha pegada positiva no medio ambiente. Este acto de solidariedade e compromiso coa nosa terra é unha lembranza de que, con acción conxunta, podemos preservar e protexer os nosos ecosistemas para as xeracións futuras.