Onte os grupos de 2ºIMPGRAF e 2ºPREDIX, despois de moito tempo desexándoo, puideron retomar as vistas técnicas. Nesta ocasión, visitaron dúas empresas punteiras no sector das artes gráficas.
Comenzaron a visita na nova nave de Valver en Tui, dedicada á serigrafía industrial e continuaron até Acanor en Tomiño, referente en impresión dixital de gran formato no sur da provincia.
Foi unha oportunidade estupenda para poder ver in situ o que se explica nas aulas e a valoración foi moi positiva.
Agradecemos especialmente ás empresas a súa dispoñibilidade e atención nestas datas de traballo tan intensas.