Os alumnos de 2º MANELE visitamos as instalacións de AtlanTTic, no edificio de Teleco Uvigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación dá Universidade de Vigo.
Os seus investigadores explicaron os proxectos de investigación ( 5G, comunicacións ópticas, xeolocalización, axuda médica, …). con visitas guiadas aos laboratorios (Acústica, Fotónica, Electrónica, nanosatélites…).: Unha lousa transparente, Mellorar a vida das persoas con tradución automática en Linguaxe de signos, Mellorar o Tráfico de información con contrasinais absolutamente seguros, … Aquí melloran o mundo!.
Seguro que máis dun dos nosos alumnos quedou con ganas de matricularse na universidade !!!