Os alumnos de 2º PPFM fixeron este mércores unha visita é empresa Wärtsilä, situada no Polígono Industrial da Granxa, en Porriño. Esta visita está encadrada dentro das actividades programadas na XVI SETEC que comezará o vindeiro luns 6 de febreiro.
Con esta visita pretendese amosar in situ aos nosos alumnos as diferentes saídas profesionais que se poden atopar o rematar o seu ciclo. Alí puidemos ver que moitos antigos alumnos do mesmo ciclo están desenrolando diferentes actividades nesta empresa: operarios de máquinas ferramentas, control de calidade, organización da produción, vendas, mantemento, elaboración de planos, etc.
Resultou unha experiencia moi enriquecedora e motivadora, e ao mesmo tempo, lles serviu para ir identificando aquelas saídas profesionais que lles ofrece o ciclo que mais se aproximan a aquelo que mais lles gusta.
So queda agradecer unha vez mais a extraordinaria acollida que os traballadores de Wärtsilä tiveron con nos durante toda a visita.