O pasado 31 de Marzo, os alumnos de 1º Mecanizado A e B visitaron Wärtsilä.
Wärtsilä é unha empresa situada no Polig. Ind. As Gándaras, no concello de Porriño (Pontevedra), onde se fabrican unha variedade de produtos que cobren toda a liña do eixo de propulsión dun barco:
- Coxinetes antifricción
- Bucinas
- Peches de Bucina
- Chumaceiras de apoio
- Chumaceiras de Empuxe
- Acoplamentos Hidráulicos
- Liñas de Eixo, Temóns, Tobeiras e Túneles
Esta visita encádrase dentro des visitas técnicas programadas polo Departamento de Fabricación Mecánica que teñen por obxecto motivar aos nosos alumnos no estudo do mecanizado, que coñezan de primeira man o mundo do mecanizado, vendo máquinas y procedementos que complementen a formación que están a recibir no colexio. Este ano, por mor da pandemia tivo que retrasarse uns meses pero ó fin, logramos facela.
A visita causou moi boas sensacións no noso alumnado, que puideron ver máquinas e ferramentas mecanizando pezas de grande tamaño, os seus procesos e descubrindo, tamén, a importancia da orde e a limpeza no taller.
Destacamos, un ano mais, a estupenda acollida por parte da empresa, facilitando en todo momento que o noso alumnado puideran moverse libremente polas súas instalacións e preguntar tódalas dúbidas que xurdían a medida que transcorría a visita.
Tamén chamoulles a atención a cantidade de antigos alumnos do colexio traballando nesta empresa, traballadores que hai ben pouco eran como eles e agora xa están defendendo un posto de traballo. Iso e o que mais motiva, sen dubida.
Un ano mais, agradecerlle a todo o Persoal da empresa a súa colaboración para que poidamos organizar este tipo de visitas e nos gustaría seguir contando con Wärtsilä para a realización deste tipo de actividades en futuras promocións.