Visita a LASER GALICIA

O pasado martes 10 os alumnos de Primeiro de Soldadura e Calderería do Colegio Hogar Afundación realizaron unha visita técnica á empresa LASER GALICIA. Empresa situada en Porriño e que é un referente do corte por láser e plegado por control numérico. Destaca polo seu gran nivel tecnolóxico en toda a súa cadea de produción.

Laser-Galicia leva varios anos colaborando co noso centro formando aos nosos alumnos en prácticas durante a FCT e recibíndonos en visitas técnicas.

Durante a visita persoal técnico acompañaron aos alumnos ao longo da empresa, describíndolles con detalle todos os procesos de corte láser, plegado CNC, soldadura e demais operacións. Ademais, responderon a todas as preguntas e inquietudes que sobre o tema tiñan os alumnos.

 

Laser 2022

nuria

Author: nuria

Share This Post On