Visita á EDAR de Lagares

O martes 30 de abril os alumnos de primeiro curso de Mantemento Electrónico visitaron as instalacións da EDAR de Lagares. Acompañounos na visita Jacobo Fernández que é o Responsable de Explotación da planta depuradora.

A  EDAR de Lagares é pioneira por incorporar un sistema de hidrólisis térmica para os lodos, que incrementa o rendemento de recuperación de enerxía de biogás. Ademais, o seu deseño convértea na planta máis grande de España por tratamento biolóxico con tecnoloxía de biofiltración e nunha das maiores de Europa.

Entre as súas características técnicas cabe apuntar que, para o tratamento de cheiros a planta conta cun sistema biolóxico de desodorización denominado biotrickling. A planta favoreceu, ademais, á mellora da calidade microbiológica das augas de baño –coa recuperación da bandeira azul para a Praia de Samil e a creación dunha infraestrutura de referencia dentro do sector da enxeñería de saneamento–. A todo iso súmase unha estrutura cuberta, que evita a contaminación acústica e odorífera á vez que facilita a súa integración no núcleo urbano.

 

administrador

Author: administrador

Compartir