Visita a HERGOME

Hoxe os alumnos de 1º de Mecanizado A e B visitaron as instalacións da empresa HERGOME, sita en Mos. HERGOME é unha empresa de mecanizado de pezas para a industria en xeral, con máis de 30 anos de experiencia no mundo do mecanizado e presente nos principais sectores produtivos como o naval, automoción, enerxías renovables e sector aeroespacial.

HERGOME leva varios anos colaborando co noso centro formando aos nosos alumnos en prácticas durante a FCT e recibíndonos en visitas técnicas.

Durante a visita persoal técnico acompañou aos alumnos describíndolles todos os procesos e características das máquinas e ferramentas empregadas, respostando ás distintas preguntas propostas polos alumnos.

image0 (1) image1 (1)

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On