O alumnado de 1°PPFM visitou as instalacións de FUNDIVISA.
Coñeceron o proceso de fabricación de hélices para o naval, dende a fundición, pasando polo mecanizado e pulido, ata o control de calidade do producto final.
Durante a visita observaron o funcionamento de diversos robots, centros de mecanizado e tecnoloxía punteira neste sector. Sabiades que moitos dos grandes cruceiros que vemos en Galicia, levan hélices fabricadas en FUNDIVISA?