Visita a Coreti e Agencia Gráfica

Esta semana o alumnado de Artes Gráficas realizou unha visita técnica ás instalacións do CORETI e da Agencia Gráfica.

Durante o percorrido polas instalacións do CORETI, os alumnos puideron observar como se elaboran as etiquetas adhesivas para o sector do viño e o aceite. Puideron observar dende a creación das etiquetas ata as diferentes máquinas de impresión onde se imprimen, vendo así todo o proceso.

Na Agencia Gráfica puideron observar como traballan coa impresión offset dixital. Para esta empresa é moi importante a comunicación co cliente, dende que se entrega o expediente ata o acabado final.

Ambas empresas recibiron con total proximidade aos nosos alumnos, facéndolles diversos agasallos.

 

 

administrador

Author: administrador

Compartir