Visita a BALIÑO

Onte, o grupo de 1º PPFM visitou as instalacións da empresa BALIÑO.

BALIÑO foi creada en 1948 como un taller de mecanizado. Desde entón, a empresa traballou con grandes clientes, adquirindo prestixio, e converténdose nun provedor seguro e fiable para os fabricantes máis recoñecidos de Europa.

É un provedor global de turbinas Kaplan, Francis e Pelton de até 20 MW. Puidemos ver como se mecanizan as pas de turbina así como grandes estruturas para a fabricación da turbina a partir da obra de calderería.
Dentro dos produtos en naval, os alumnos puideron ver liñas de eixo de propulsión, hélices de paso fixo e hélices de paso variable.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On