Visita a AKWEL

Onte, xoves 9 de xuño, os alumnos/as de 1ºPPFM, visitamos a empresa AKWEL.

En primeiro lugar, recibíronnos 5 traballadores da empresa que nos acompañaron durante a visita e realizouse unha presentación da empresa de forma breve.
Posteriormente, dividímonos en grupos pequenos (4-5 persoas) de forma que cada grupo ía cun empregado realizando a visita polas diferentes zonas, desde a zona de produción, almacén, oficinas, laboratorio, metrología, etc.
A visita foi moi construtiva coa idea de repetir o ano que vén, xunto coa posibilidade de que poidan realizar a visita os alumnos de AUROIN, ademais de que poida haber alumnos que realicen as súas prácticas alí.

Agradecemos a AKWEL a súa amabilidade.

PHOTO-2022-06-09-13-00-11 PHOTO-2022-06-09-13-04-43

nuria

Author: nuria

Share This Post On