VI XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS.

Hoxe desenvolveuse no Colexio unha actividade sobre primeiros auxilios conducida por Carlos Vales, coordinador de socorrismo da Concellaría de Xuventude,  do Concello de Vigo. Esta é a VI Xornada de Primeiros Auxilios organizada no centro polo departamento de FOL, que ten por finalidade ensinar aos nosos alumnos o que teñen que facer en caso dunha emerxencia sanitaria. Como en anos anteriores a charla foi moi dinámica cunha parte práctica de RCP,  e valorada moi positivamente polos alumnos e  profesores asistentes.

Nesta ocasión contamos coa visita sorpresa de D. Abel Caballero, Alcalde-Presidente da nosa cidade quen aplaudiu esta iniciativa e animou aos alumnos presentes a seguir formándose para o futuro.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Share This Post On