Esta tarde, familia, salesianos, compañeiros e amigos dímoslle o derradeiro adeus a Alfredo.
Deixounos este luns, nun momento non esperado, e esta tarde, familia, salesianos, compañeiros e amigos dímoslle o derradeiro adeus.
Aínda que, coa pandemia, deixara de impartir HPS, desde a súa responsabilidade de director da Comunidade Salesiana, continuaba facéndose presente naqueles momentos máis significativos da vida colexial.
Era unha persoa alegre, afable, cariñosa, ao que lle gustaba o encontro cos demais.
Aínda que os seus moitos achaques xa non lle permitían estar coa vitalidade da que gozou na súa mocidade, sempre mantivo a sonrisa ao encontrarnos nos corredoiros e continuou co seu labor pastoral como sacerdote até o último momento.
No emotivo funeral desta tarde, respirábase o cariño que todos lle tiñan, percibíase en cada mirada dos que tiveron a sorte de compartir máis tempo con el o moito que lle querían. Mesmo o Rector Maior, D. Ángel Artime fíxose presente na cerimonia a través dunha mensaxe de audio que compartiu o noso inspector Nando.
Até sempre Alfredo.
Coa esperanza que el posuía no seu querido Deus, agora xa descansa nos seus brazos dándolle grazas polo vivido como salesiano e persoa.
“Esta é a vontade do meu Pai: que o que ve ao Fillo e cre nel, teña Vida eterna e que eu o resucitarei no último día” Juan 6:40.
D.E.P.