Time Lapse da alfombra de María Auxiliadora

O pasado luns 23, como xa puidestes ver na noticia desta web, realizamos, tras 2 anos de parón, a alfombra en honra a María Auxiladora.
Traémosvos hoxe un time-lapse que recolle a elaboración da mesma de principio a fin. Como poderedes ver o traballo levou o seu tempo, pero con dedicación e moito agarimo conseguiuse transformar o deseño creado por Aitana de 1ºIMPGRAF nunha fabulosa alfombra chea de cor.
Agradecemos ao profesor Lomba que recollera as imaxes e creara este vídeo que nos quedará para sempre como recordo dunha tarde fantástica.

 

 

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On