THE POWER OF THE TRIANGLE – VISITA A CARDAMA

O luns 17 de outubro, os alumnos e alumnas do Instituto Técnico Alemán Max-Eyth Schule, de Dreieich realizaron unha visita técnica a Estaleiros Francisco Cardama, situado no porto de Vigo.

Dita empresa dedícase á construción e reparación naval desde 1916, de pesqueiros arrastre, palangreiros, remolcadores, mercantes, buques escola, oceanográficos, gánguiles, dragas, oil-recovery, patrulleiras, pontonas, etc. até 100 mtrs eslora.

Baixo as indicacións técnicas de Borja Cardama e do profesor Francisco Miguel Álvarez, os alumnos e alumnas alemáns percorreron a empresa, describíndolles con detalle todo o proceso construtivo dun barco. Borja, ademais, respondeu de forma espectacular a todas as preguntas e inquietudes que xurdiron sobre o tema.

Agradecemos a Cardama pola súa participación nesta actividade e a súa continua colaboración co noso centro.

WhatsApp Image 2022-10-17 at 09.45.33

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On