THE POWER OF THE TRIANGLE – TALLER DE SOLDADURA

O martes 18 os alumnos e alumnas alemáns tiveron unha MasterClass sobre soldadura no taller de Construcións Metálicas do Colegio Hogar.

A formación foi práctica e consistiu en que cada un dos alumnos bávaros acompañados en cada unha das 16 cabinas por un alumno do ciclo de Soldadura-Calderería do Colegio Hogar realizaban soldaduras técnicas en diferentes posicións.

Os procedementos utilizados foron: SMAW, Mig-Mag, FCAW e corte oxiacetilénico. A experiencia tivo moi boa acollida grazas á gran destreza dos alumnos do Max-Eyth Schule e a simpatía despregada polos alumnos do Colegio Hogar.

Toda a práctica estivo supervisada polos profesores Francisco Miguel Álvarez e Julien, a quen queremos agradecerlles a súa entrega nesta actividade.

 

nuria

Author: nuria

Compartir