THE POWER OF THE TRIANGLE – TALLER DE ROBÓTICA

ch

 

 


 
Onte xoves 13, os alumnos do centro Max-Eyth Schule de Dreieich, acudiron ao noso colexio para asistir a un taller de robótica.

Como xa vos informamos, actualmente no Colegio Hogar Afundación estamos inmersos nun proxecto do MEC chamado «Laboratorio remoto 5G para robótica colaborativa» polo que os nosos invitados puideron apreciar in situ os avances nesta liña: manexaron un programa de simulación e tamén aprenderon a mover os robots. O alumno Nathan (que actualmente está a facer a FCT na empresa de robótica Inprotec) fixo unha explicación de como se programaban os robots pequenos UR3e, o profesor Rubén ensinoulles unha maqueta que se fixo o ano pasado e outros dous alumnos de segundo, Eric e Sergio, explicáronlles o outro robot máis grande IRB1400 da marca ABB. Tódolos asistentes pasaron polos tres postos para aprender coas diferentes explicacións, e a actividade foi valorada como moi positiva.

 

 

nuria

Author: nuria

Compartir