Este curso volvemos gozar do proxecto Europeo The Power of the Triangle cos nosos socios do colexio Fillas de María Inmaculada de Vigo e do instituto alemán de Dreieich, Max-Eyth-Schule.
Levamos catro días coñecéndonos e gozando das actividades programadas.
O domingo 1 de outubro chegaron o alumnado e os profesores participantes alemáns e fómolos a recibir a Vialia.
O luns, recibímolos no colexio e despois dun vídeo de benvida e unhas palabras dos responsables dos tres colexios fixemos un «tutifrutti» para coñecernos mellor, a continuación puideron visitar o colexio acompañados por uns guías excepcionais, os alumnos e alumnas que forman parte deste proxecto.
O martes, comezamos a xornada cunha visita moi interesante ao museo do Mar e a continuación puidemos participar na convivencia inicial no Misión imposible e no fútbol.
O mércores, desprazámonos a Samil para a construción do espectacular Domo. Esta construción, deseñada polos nosos socios alemáns, foi doada ao Concello de Vigo e estará en Samil unha tempada.
Podes ver algunhas das fotos. Continuaremos informando!