Os dous últimos días de The Power of the Triangle foron moi divertidos. Realizamos diferentes talleres no colexio.
Un taller de Robótica onde os nosos alumnos de Auroin explicáronlle os primeiros pasos da programación de robots aos nosos socios.
Un taller de impresión de camisetas onde puideron facer os nosos amigos a súa propia camiseta grazas aos alumnos de Impresión que lles ensinaron como facelo. Imprimiron uns logos marabillosos que deseñaran tamén alumnos de artes gráficas.
Un taller de soldadura onde puideron aprender as técnicas básicas e poñelas en práctica. Os alumnos do ciclo de Soldadura foron uns profesores estupendos.
Tamén estiveron, o noso equipo de alumnos cos nosos socios, nunha sesión con María José na que reflexionaron sobre o aprendido estes días e os valores que se promoven con experiencias como estas.
Despedímonos deles en audiovisuales ofrecéndolles unha cunca que realizaron no colexio os alumnos de Predix. Puxémoslles un vídeo resumen que podes ver nesta ligazón. Dedicáronnos unhas palabras de agradecimento os profesores e terminamos cun petisco que fixeron os nosos alumnos coas achegas de todos.
Pola tarde, aproveitando o bo tempo, fomos a Samil para despedirnos dos nosos socios alemáns e tamén dos nosos socios de Fillas, e tomámonos unhas pizzas e unhas bebidas á beira do noso marabilloso Domo.
Nada disto sería posible sen a colaboración dos profesores do colexio e por suposto do noso gran grupo de alumnos e alumnas que o deron todo!!
Moitas grazas aos nosos socios Alemáns, moitas grazas aos nosos socios do Colexio de Fillas de María Inmaculada!!
Moitas grazas a Miriam, Iago, Jacobo, Juanpi, Nerea, Laura, Iker, Mare, Mónica, Anabel, Noelia, Irene, Roberto, Pablo, Noé, Anxo e Rodrigo. Sodes moi grandes!!