THE POWER OF THE TRIANGLE – DESPEDIDA

Deixámosvos coas palabras da profesora María José, Coordinadora de Internacionalización do Colegio Hogar.

Bos días a todos:

Despois destas dúas semanas de trafego coa visita dos alumnos alemáns, desde o Equipo de internacionalización queremos agradecervos a vosa colaboración no desenvolvemento de todas as actividades. Somos conscientes de que hai cousas que mellorar, para futuras experiencias, e tomaremos boa nota de todas as suxestións que nos fagades. Pero o que foi un éxito, sen ningunha dúbida, foi a participación de todo o Colegio nas distintas actividades.

Foron bastantes profesores e alumnos os que tiveron participación directa nas diferentes actividades, e estamos moi agradecidos por iso. Pero todos, dunha ou outra maneira, sexa facilitando que os alumnos de distintos Ciclos puidesen participar, así como cunha acollida tan positiva cara aos nosos invitados, achegastes o voso granito de area nesta experiencia. Creo que tamén foi un impulso de face a animar aos alumnos a participar en futuras experiencias, das que iremos informando o seu momento. E tamén, para animarmos todos, profes e alumnos en mellorar as nosas competencias lingüísticas.

A nosa primeira experiencia internacional!!

Rematamos esta serie de artigos cos videos de despedida de ambos centros, Max-Eyth Schule e Colegio Hogar, sabendo que o Poder do Triángulo nos uniu para sempre.

Grazas a todos!!!

nuria

Author: nuria

Compartir