SETEC17 – DESEÑO DUN TROQUEL PROGRESIVO: ANTOBAL e GALISTAMP

Un ano mais contamos coa colaboración de ANTOBAL, empresa que deseña e fabrica útiles para a estampación de pequena e mediana peza, con capacidade de estampar as pezas se así o desexan os seus clientes; e de GALISTAMP, empresa especializada na deformación da chapa mediante procesos de embutición, estampación, soldadura, etc. tanto para pequenas series de prototipos como de grandes producións.
Como en edicións anteriores, o AA.AA. David Cotilla, que na actualidade é o Xefe de proxectos de ANTOBAL e CEO de GaliStamp regalounos un excepcional relatorio sobre o proceso de deseño dun troquel progresivo. Dun xeito moi fluído e dinámico, comezou por explicar o principio de funcionamento dun troquel de corte sinxelo para, posteriormente, explicar dun xeito mais detallado todas as peculiaridades a ter en conta no deseño un troquel progresivo.
Grazas a David por compartir co alumnado do ciclo de Grao Superior de Programación da Produción en Fabricación Mecánica a súa experiencia e a ANTOBAL e GALISTAMP por colaborar co COLEGIO HOGAR AFUNDACIÓN na formación do alumnado.

administrador

Author: administrador

Compartir