Entre o 11 e 12 de xuño, os profesores Nuria e Ojea asistiron en Salesianos Pamplona as segundas xornadas técnicas para o profesorado de Artes Gráficas.
Participaron preto de 40 persoas de escolas de artes gráficas salesianas de toda España: Salesianos Sarrià de Barcelona, Colexio Hogar Afundación de Vigo, Salesianos Atocha de Madrid, Salesianos Urnieta de Guipúscoa e Salesianos Pamplona.
No inicio de cada xornada de traballo os participantes contaron con dous relatorios ao redor de dous temas que están a cambiar o mundo, a forma de aprender e de facer as cousas. Por unha banda o martes comezaron coa IA, baixo o título Como mellorar a aprendizaxe coa IA a cargo dos profesores da Universidade de Navarra, Francesc Pujol e Alejandro N. García. O mércores tiveron a intervención de Fernando Valera, fundador da empresa materialigth e experto en impresión funcional, quen mostrou as posibilidades desta rama das artes gráficas, presentándoa como unha proposta disruptiva, como un nicho de mercado de futuro.
No programa de traballo proposto presentouse o Proxecto INFINITE do que Salesianos Pamplona é socio, xunto coa Agrupación industrial de Impresión Funcional, o Gobierno de Navarra e un numeroso grupo de entidades de varios países. É un proxecto financiado pola Unión Europea no marco da iniciativa CoVE pertencente ao Programa Erasmus.
Estas segundas xornadas tamén serviron para intercambiar Boas Prácticas de traballo entre as escolas salesianas e adquisición de novas habilidades por parte do profesorado participante.
Ademais o programa incluía a visita á empresa DS SMITH PACKAGING BERTAKO e un tempo de convivencia entre todo o grupo participante.
Como afirmaba, Ángel Miranda, director da Casa de Salesianos Pamplona, na inauguración das xornadas: “Estes días non son só para coñecer outra escola e compartir experiencias. Son días para compartir vida, para camiñar xuntos e construír proxectos que nos permitan soñar”.