O pasado 7 de maio fixemos unha reunión informativa con alumnos de 1º curso sobre o programa Erasmus+ no noso colexio. Aínda que a asistencia á reunión era voluntaria, asistiron mais de 90 alumnos.
Os temas tratados foron os seguintes: a ofertas de pazas dispoñibles para o vindeiro curso, tanto para alumnos de grao medio coma superior, seis en cada caso, os posibles destinos (Alemaña, Italia, Portugal, Francia), o calendario da convocatoria, os requisitos e criterios para ser elixidos, o período no que se realizan as mobilidades e as contías asignadas a cada unha de elas.
Por outra banda, informamos tamén do proxecto «The power of the triangle» no que imos acoller alumnos alemáns no mes de outubro, por terceiro ano consecutivo e animamos ós alumnos a apuntarse ó grupo de participación no proxecto.
Os alumnos seguiron con moito interese as explicacións, levadas a cabo pola coordinadora Erasmus+ do Colexio, e creemos que no curso 24/25 imos ter unha alta participación nas actividades internacionais.