Proxecto solidario: BIG BAGs

Un total de 10 alumnos de segundo e 5 de primeiro de Soldadura e Cadeirería, xunto cos seus profesores, acaban de entregar á delegación local de Cáritas cinco unidades de almacenamento móbil de roupa, chamadas BIG-BAGs. A entidade social necesitaba poder contar con elementos que facilitasen a clasificación e a entrega deste material a todas as familias solicitantes, coidando, ao mesmo tempo, a saúde das persoas voluntarias que se encargan da ordenación en almacén.

Os pasos que se seguiron neste proxecto foron:

  • Deseño 3D para os diferentes tipos de bolsas BIG-BAGs
  • Presentación do prototipo tridimensional
  • Adquisición de material para todas as unidades
  • Fabricación da unidade 1 (inclúe corte de perfís e chapas, taladrado, encartado, montaxe de estrutura, soldadura e montaxe de compoñentes como rodas fixas e xiratorias así como posicionador de tamaños)
  • Aceptación da mostra e fabricación do resto de unidades.

Este proxecto no que participaron alumnos voluntarios de primeiro e de segundo, no marco das materias de montaxe e soldadura, súmase a unha longa lista de actividades de forte vínculo social desenvolvidas polo instituto de Afundación.

Sentímonos moi orgullosos desta iniciativa que de seguro non será a última. Noraboa compañeiros!

 

 

nuria

Author: nuria

Compartir