PROXECTO “Made to Move Communities de Otis”

O pasado venres o equipo formado por Alan, Alejandro, Jesús, Noemí, Judith, Irene, Sergio, Yoel, Samuel, Nerea y Noelia, reunímonos por primeira vez para dar o pistoletazo de saída a este ilusionante proxecto Made to Move Communities de Otis.

Trátase dun programa internacional para alumnado desde 15 a 17 anos que busca promover habilidades STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), propóndonos un Reto Global relacionado coa accesibilidade en zonas verdes.
Nesta primeira reunión tivemos a sorte de contar con Noemí Castro Coordinadora de Otis Madrid, que nos deu interesantes consellos para enfrontarnos a este proxecto como enfocarnos nunha única solución e coidar a planificación.
Estamos a desexar seguir avanzando. Manterémosvos informados.

Ángela

Author: Ángela

Share This Post On