OUTUBRO INTERNACIONAL

Desde o curso pasado estamos a loitar por avanzar nas actividades internacionais do noso colexio e como sabedes xa demos algúns pasiños.

Este mes imos recibir a 13 alumnos, 3 alumnas e dous profesores alemáns cos que, entre outras moitas cousas, imos realizar un proxecto no que construiremos unha fantástica cúpula xeodésica que quedará no noso centro. Aínda que os participantes voluntarios do noso colexio xa tiveron contacto con eles vía online, a través da plataforma eTwinning, estamos a desexar vernos en carne e óso e gozar esta experiencia ao máximo. De seguro que serán uns magníficos anfitrións.

Haberá tempo de aprendizaxe, convivencia e diversión, e tamén de pór a proba o noso inglés!

Pero esta non será a única actividade internacional deste mes, estade atentos, que seguiremos informando :)

Captura de pantalla (77) Captura de pantalla (78)

nuria

Author: nuria

Share This Post On