O NOSO MURAL DE XELA

Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas, e para celebralo, os alumnos de 1º IMPGRAF quixeron realizar un mural no corredor da zona de artes gráficas en honra a Xela Arias, escritora, poeta e tradutora a quen se lle dedica hoxe este día.
Os alumnos encargáronse de deseñar o mural, pero tamén de aplicalo sobre a parede e colocarlle as letras en relevo.
Pero esta non vai ser a única forma de celebrar este día, xa que desde o departamento de FOL lanzouse un concurso de vídeos en galego que seguro que tamén será un éxito. Se aínda non vos apuntastes, animádevos a gravar.

 

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On