NADAL SOLIDARIO. OPERACIÓN KILO

Un ano mais, dende o Colegio Hogar Afundación fomentamos a solidariedade cos mais necesitados participando nunha recollida de alimentos en Nadal para Cáritas.

Como cada ano, proponse a aportación un Kilo de comida non perecedoira, que se clasifica e se entrega na súa totalidade na parroquia de San Xosé Obreiro para que a distribúa durante todo ano, a través de Cáritas, á xente necesitada. Este ano logrouse aportar mais de 1000 Kgs.

Contamos coa colaboración dun bo grupo de alumnos voluntarios que se encargaron da clasificación e transporte de todo o recollido.

Parabéns para todos!

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Share This Post On