La Cocina Gráfica novamente en C!Print Madrid

Por sexto ano xa, os alumnos e alumnas dos grupos de 2º PREDIX e 2º IMPGRAF do Colegio Hogar Afundación foron os días 26, 27 e 28 de abril a C!Print Madrid, o salón de referencia no noso país que reuniu ás mais destacadas empresas e recoñecidos profesionais no campo da creación e impresión dixital.

Neste salón presentáronse todas as novidades do sector gráfico e os profesionais asistentes tiveron a oportunidade de mellorar a súa formación e incrementar os seus coñecementos nas distintas conferencias e workshops programados.

Tras dous anos aplazado por mor da pandemia, as ganas eran moitísimas. A nosa presenza na feira, levounos a participar este ano, cos nosos estupendos mozos/as nos talleres do Plug&Play, do CoxCrea e tamén nos stands dos nosos colaboradores Framun Techno, Sign-Tronic AG e Roland. Ao mesmo tempo, a profesora Nuria Casal Fernández, interviu como speaker nun relatorio durante o evento.

Para o Colegio Hogar Afundación esta experiencia resulta especialmente interesante xa que pon en valor a formación dos seus alumnos, sendo para as marcas un exemplo de innovación, creatividade e técnica no ámbito formativo, situándose con este tipo de actividades no obxectivo marcado polo departamento de converterse no centro de formación de referencia das artes gráficas no noroeste de España.

Ver os nosos logos nos folletos do salón e aos nosos alumnos traballando man a man cos fabricantes, gústanos… infinito.

Esta aventura, en autobús, en albergue, en Madrid… ademáis de profesionalidade e cansanzo tamén deixou tempo para a convivencia, as anécdotas e as risas… momentos inesquecibles que sempre lembraremos.

Se es alumno deste colexio e tes interese por saber que fan eses de La Cocina Gráfica, síguenos en facebook, twitter ou instagram, encántannos vosos «Me gusta».

 

nuria

Author: nuria

Compartir