INFANTIL DE SALESIANOS VISITAN A IMPRENTA

Un curso máis, o pasado mércores 8 de novembro o Departamento de Artes Gráficas tivo o honor de contar cuns ilustres invitados: os peques do Colexio María Auxiliadora (Salesianos).

Viñan cos deberes ben feitos e todos coñecían ao gran Gutenberg, casi tanto como os nosos alumnos/as. Ámbolos dous grupos de 6º de infantil das profes Loreto e Elena déronnos toda unha lección de atención e bo comportamento, e por todo iso, leváronse un pequeno agasallo para as súas clases.

Seguide así e, quizáis, vémonos de novo en uns aniños :)

 

Ángela

Author: Ángela

Share This Post On