I Semana de Prevención

Estreamos novidade no Colegio Hogar Afundación!

Esta semana que acabamos de comezar celebrarase no noso centro a I SEMANA DE PREVENCIÓN, nela Técnicos en Prevención de empresas colaboradoras das diferentes familias profesionais do colexio explicarán os principais riscos laborais da profesión.

O pistoletazo de saída deuno hoxe D. Javier López Picos da empresa NODOSA, continuaremos mañá martes con Paula Vila de EMENASA e concluiremos con Penélope Aranda Ortega de Smurfit Kappa o mércores 16.

Toda unha oportunidade para pornos ao día en contidos de prevención, da man de profesionais dos sectores de fabricación mecánica, electricidade-electrónica e artes gráficas.

Seguro que será todo un éxito.

nuria

Author: nuria

Compartir