GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Este curso, o noso centro recuperou a tradición de participar na campaña de recollida de alimentos que promove o Banco de Alimentos de Vigo, que por culpa da covid suspendeuse os últimos dous anos.

Un grupo de 47 alumn@s e algúns profesor@s colaboran nela, o venres e o sábado pasados. Unha campaña que nos convida a pensar nos outros e a abrir camiños de servizo e de axuda. Coa lema «Comer non pode ser un luxo» que son só seis palabras pero son suficientes para pornos fronte ao espello das necesidades que pasan centenares de persoas porque, como din moitas veces desde as oenegués, a fame adoita vivir no piso de arriba ou no de abaixo do noso sen que ás veces sexamos conscientes diso.

Este ano é se cabe máis importante o aumentar a recollida porque a demanda de alimentos por parte da poboación vulnerable disparouse tanto pola covid e as súas consecuencias económicas, como pola inflación.

Desde aquí queremos dar as GRAZAS a todos os que coa súa dispoñibilidade fixeron posible este servizo que tanto ben fará. A nosa formación sempre incorporará estas experiencias de voluntariado como outro aspecto máis que axúdanos a crecer / madurar como persoas e a comprender e ver a vida doutra forma diferente.

 

 

nuria

Author: nuria

Compartir