Queremos compartir con todos vós, o galardón de “Vigués Distinguido” que nos concedeu a Corporación Municipal de Vigo.
Moitos xa o vistes “en directo” porque o noso director Pepe, o foi mostrando polas clases, pero como unha parte fundamental deste galardón é voso, dos alumnos e alumnas, quixemos facerlle unha foto con calidade (agradecémosllo ao profesor Lomba) para que poidades conservala.
Podedes gardala premendo sobre ela co botón dereito e por suposto presumir do galardón sempre que queirades