FESTA DE MARÍA AUXILIADORA

O pasado mércores estivemos de festa celebrando a María Auxiliadora.

Comezou o día coa Eucaristía e logo tivo lugar a tradicional degustación, e coma en Don Bosco, repartiuse na sala de xogos. Unha vez calmado o apetito ca empanadilla e a concurso de postres galegos, deuse paso a diversos xogos e actividades.

Coma sempre tivemos o campionato de fútbol, e os xa habituais xogos de auga pero o ambente de festa tamén inundou os corredores: tenis de mesa, futbolín, torneo de xadrez, dardos, play (e karaoke)…

Este ano tivemos tamén, a posibilidade de ver os vídeos que participaban no concurso de videopoemas das letras galegas, e votar polos que máis nos gustaron.

Un bo día de festa que rompeu coa rutina, estreitou lazos, e de seguro creou recordos difíciles de esquencer. Parabéns!

nuria

Author: nuria

Compartir