FESTA DE MARÍA AUXILIADORA

Hoxe estivemos de festa celebrando a María Auxiliadora. Debido ao Covid tivéronse que adaptar as actividades, pero o espírito mantívose intacto.

Comezou o día coa Eucaristía no teatro para poder manter a distancia de seguridade. Logo tivo lugar a tradicional degustación, nesta ocasión coma en Don Bosco, de napolitana e refresco, que deu paso a diversos xogos e actividades do máis diverso.

Aínda que faltou o fútbol, o ambente de festa inundou os corredores e o patio interior: tenis de mesa, torneo de xadrez, risk, dardos, play, xogos de rol, Misión Mauxi e un fantástico photocall.

Este ano tivemos tamén, a posibilidade de ver os vídeos que participaban no concurso de videopoemas das letras galegas, e votar polos que máis nos gustaron.

Un bo día de festa que rompeu coa rutina, estreitou lazos, e de seguro creou recordos difíciles de esquencer. Noraboa!

nuria

Author: nuria

Share This Post On