FERRAMENTAS ABRASIVAS EN CONSTRUCIÓNS METÁLICAS – XIV SETEC

Marcos Prieto, técnico formador da empresa fabricante de abrasivos PFERD, ofreceu os alumnos de 2º SOCA un relatorio sobre os distintos tipos de ferramentas abrasivas e a súa aplicación en construcións metálicas. Por problemas de axenda, este relatorio tivo que efectuarse fora das datas marcadas para a SETEC, concretamente o luns 8 de febreiro.

Nunha primeira parte, Marcos Prieto fixo unha explicación teórica sobre a composición, características e campo de aplicación dos distintos tipos de abrasivos. Posteriormente, xa no taller de construcións metálicas, os alumnos puideron comprobar de forma práctica os contidos explicados anteriormente, traballando con distintos tipos de ferramentas e sobre distintos tipos de materiais.

Unha vez máis, grazas a Marcos Prieto por compartir con nos os seus coñecementos e experiencia.

SETEC2021_PFERD_foto

nuria

Author: nuria

Share This Post On