FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como explica Víctor F. Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) na web: «as Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). A súa biografía, como sucedeu con outros autores recentes (Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero), percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século XX, con experiencias ilusionantes como o Seminario de Estudos Galegos (1923), o rexurdimento literario dos anos 30 e a defensa do Estatuto de Autonomía de 1936, e momentos certamente dramáticos, moi principalmente a guerra civil (1936-1939) e o exilio»

E como xa fixeron o ano pasado con Xela Arias, os alumnos/as de 1º IMPGRAF capitaneados polo seu profesor Ojea, fixeron a súa particular homenaxe ao poeta dedicándolle un mural no corredor do colexio.

Este mural está composto no súa parte superior por unhas frases realizadas en vinilo de corte que foron creadas e aplicadas polos propios alumnos acompañadas de iniciais a modo de letra corpórea, tamén fabricadas por eles e usando diferentes técnicas e materiais.
Acompaña a estes versos na parte inferior un cartel, que non deixou indiferente a ninguén, realizado pola alumna Uxía Fernández Soto que pretende «achegar a figura do poeta á realidade da nosa xeración facendo que todo o que representan as Letras Galegas sexa algo próximo aos mozos e mozas»

Esperamos que vos guste tanto como a nós :)

Feliz día das Letras Galegas.

nuria

Author: nuria

Compartir